Manuel R. Alarcón
Baile Tradicional _ Canto _ Pandereita
Manuel Rodríguez Alarcón iniciouse no mundo do baile tradicional a idade de 6 anos, na Asociación Cultural “O Fiadeiro” de Vigo da man de Miguel Souto, coa que bailou en numeroso puntos da xeografía española, destacando Huesca, Ortigueira, Santiago de Compostela, Vigo. Ademáis foi alumno de prestixiosos bailaríns tradicionais como Xandre Outeiro, Adrao Casal, Miguel Souto ou Artur Puga entre outros …
En 2013 comeza os seus estudos de gaita galega no conservatorio profesional de música de Vigo, obtendo o título de grao profesional de Gaita Galega con premio Fin de Grao.
Dende o ano 2008 ata o 2017 recibiu clases de gaita galega da man de Rafa Crespo, e de Canto e Pandeireta da man de Belén Tievo, Diego Docabo e Sandra Diéguez entre outros.
En 2018 funda xunto con Roi Barcelo o cuarteto de gaitas “Rodamuiños” co que obtivo varios premios en diferentes concursos de música tradicional. Ao ano seguinte entra a formar parte do colectivo “A Buxaina”, agrupación que compaxinou coa A.C.“O Fiadeiro” ata o ano 2021. Dende 2022 forma parte da A.C. “A barca de Loimil” na sección de baile e pandeireta. Dende ese verán pasa a ser integrante do grupo de pandereteiros da A.C. “Traspés”
Na actualidade e dende o curso 22/23 é mestre de canto, pandeireta e baile tradicional en TradiGaita e na Escola de Música Tradicional do Concello de Castro Caldelas, ademáis de impartir cursos de canto e pandeireta en distintas institución galegas no exterior como a Asociación cultural e deportiva Tordoya en Xenebra, Suiza.
Como bailarín tradicional acadou numerosos premios, destacando entre outros:
- 3r premio no concurso de música tradicional Xacarandanina na modalidade de baile tradicional Xacarandaina (2018).
Manuel tamén acadou numeroso premios como gaiteiro, destacando entre outros:
- 2º premio no concurso de Cuartetos de Ponteareas como integrante de “Rodamuíños” (2018)
- 2º premio no concurso de Gaita e Tamboril de Tui (2021)
- 2º premio no concurso de gaiteiros solistas de Luou (2021)
- 3r premio no concurso de Gaita e Tamboril de Tui (2022)
- 2º premio no concurso de Cuartetos de Ponteareas como integrante de
“Rodamuíños” (2023)