Diego Prieto
Gaita Galega _ Solfexo _ Harmonía
Comeza a súa formación no seo da Banda de Gaitas «Os Trabazos» de Castro Caldelas (Ourense) no ano 2000 da man de Modesto Cid Pérez, a vez que comeza os seus estudos na escola provincial de Ourense ata o ano 2005. Durante esta etapa destacan as súas actuacións en países como Alemaña, Reino Unido, República Checa, Francia, Portugal, Cuba, Estados Unidos, Australia… e un sin fin de lugares por toda a xeografía española.
Posúe o título de grao profesional de gaita galega concedido polo Conservatorio profesional de música de Ourense. Ampliou a súa formación da man de gaiteiros da talla de Óscar Ibañez, Raúl Lacílla, Pedro Fariñas, Xosé Miguélez e Daniel Bellón entre outros. Realizou estudos de Gaita Asturiana con Jorge Suárez Carbajal e Rodrigo Joglar, e música bretona da man de Marie LeCam e Yann Kermabon.
Foi mestre de gaita galega nas seguintes escolas:
- Escola de gaitas «Os Trintas» de Trives entre os anos 2014 e 2017.
- Escola de gaitas do concello do Irixo entre os anos 2014 e 2017
- Escola de gaitas do concello de Xunqueira de Espadañedo no curso 2015/2016.
- Escola de música tradicional da Istoria en Ribadavia durante o curso 2019/2020.
- Escola de música tradicional do Pereiro de Aguiar entre os anos 2013 e 2022.
No ano 2014 fundou e dirixiu a Banda de Gaitas TriFiXo, formada por alumnos das escolas de gaitas do concello do Irixo, escola de Gaitas “Os Trintas” de Trives e a escola de Gaitas “Os Fiadeiros” do Pereiro de Aguiar das cales era o seu director e mestre de Gaita Galega.
Dende o ano 2016 está levando a cabo o proxecto de estudo, recuperación, clasificación e arquivo de todo o material e legado que deixou o mítico grupo “Os Trabazos” de Castro Caldelas, no cal están clasificados e arquivados mais de cincocentos documentos, moitos deles inéditos.
No ano 2021, grazas en gran parte ao éxito da súa canle de YouTube, fundou a súa propia escola de música tradicional que leva o mesmo nome, TradiGaita, coa que aparte de formar alumnos chegados de distintos puntos do mundo, colabora con distintas entidades e institucións para achegar a música tradicional ao rural Ourensán como por exemplo o CPEI «San Salvador» de A Arnoia, a Banda de Gaitas Abertal da Rúa de Valdeorras e a Escola de Música Tradicional do Concello de Castro Caldelas. Ademáis compaxina este traballo co de mestre en múltiples cursos de gaita galega como o programas como as Escolas Abertas da Xunta de Galicia, destinado aos formadores dos centros galegos do mundo, do cal foi mestre de gaita galega nas edicións de 2023 e 2024. Ademáis dentro do programa de Escolas Abertas da Xunta de Galicia impartiu obradoiros de Gaita Galega en Arxentina nas institución Xeito Novo de Cultura Galega, Centro Lalín, Agolada e Silleda de Buenos Aires e no Centro Galego de Mar del Plata.
Como gaiteiro solista acadou numeroso premios, destacando entre outros :
- 1º premio Memorial Gabino García (2014, 2021 e 2022)
- 2º premio Memorial Gabino García (2015)
- 3º premio no concurso de música tradicional Xacarandanina na modalidade de Cuartetos (2015)
- 2º premio no concurso de música tradicional Xacarandanina na modalidade de Cuartetos (2016)
- 3º premio no concurso de música tradicional Xacarandanina na modalidade de Gaiteiros Solistas (2016)
- 3º premio no concurso de Cuartetos de Ponteareas como integrante de Bran Cuartet (2016)
- 3º premio no concurso de música tradicional de Luou como integrante de Bran Cuartet (2016)
- 7º clasificado na final do Trofeo MacCrimmon (Lorient – Francia) (2018)
- 4º clasificado na final do Trofeo MacCrimmon (Lorient – Francia) (2022 e 2023)
- 2º premio no concurso de Gaita e Tamboril de Tui (2019 e 2022)
- 4º premio no concurso de Cuartetos de Ponteareas como integrante de Bran Cuartet (2019 e 2021)
- 4º premio no concurso de Gaita e Tamboril de Tui (2021)