Diego Prieto

Tradición Musical Galega

Tradición Musical Galega

Clases de Gaita en Ourense y online

Aprende música tradicional a través da miña escola.

Novas publicacións e noticias sobre TradiGaita

Atopa aquí toda a actualidade sobre os meus proxectos

Sente a miña música, a dos meus alumnos e colaboracións

Nesta sección atoparás pezas interpretadas por min, videoclips etc.

A MIÑA HISTORIA

Nacín en Castro Caldelas (Ourense) en 1984, ben pronto e de casualidade empecei a tocar a gaita a través do colexio. Durante un tempo estiven na banda de gaitas, Os Trabazos, do meu pobo natal.

Profesionaliceime como electricista pero tras uns anos vin que o meu mundo podía ser moito máis grande a través da música. En 2012, aos meus 28 anos, deixei o mundo dos electróns polo do vento.

Cando tiña 9 anos, tras decidir empezar coa gaita, o meu avó regaloume o meu primeiro punteiro. Aínda o conservo e hoxe con máis de 20 premios, multitude de festivais, pasando polo conservatorio e varios cursos especifícos gozo da plenitude de dedicarme ao que me apaixona.

A través de TradiGaita imparto clases de gaita en Ourense de forma presencial e online, formo a gaiteiros a través de varias colaboracións e investigo sobre a historia de «Os Trabazos» de Castro Caldelas.

como me formei

A miña paixón pola música e pola gaita galega fai que sempre esté buscando a excelencia como formador e como intérprete.

 

Titulacións, certificacións e cursos

2013 _ Curso de gaita galega con Óscar Ibáñez

2014 _ Curso de afinación e posta a punto con Daniel Bellón

2015 a 2019 _ Curso con Daniel Bellón

2019 a 2023 _ Conservatorio profesional de Ourense

2022 _ Curso de gaita asturiana con Rodrigo Joglar

as miñas actuacións en festivais e concursos

Estiven en multitude de concursos e festivais desde 2012, tanto en España como fose do país e gocei cada un deles.

O Trofeo MacCrimmon do Festival Interceltique celebrado en Lorient. Participei nas edicións de 2018 (7º premio), 2022 (4º premio)  e 2023 (4º premio).

Concurso de Gaita e Tamboril de Tui durante o día da Muiñeira. Participei en 2019 (2º premio), 2021 (4º premio) e 2022 (2º premio).

Concurso de cuartetos de Ponteareas. Formando parte do cuarteto Bran Cuartet participamos en 2016 (3r premio), 2019 (4º premio) e 2021 (4º premio).

O concurso de música tradicional Xacarandaina. Participei na modalidade de cuarteto tanto en 2015 (3r premio) como en 2016 (2º premio). En 2016 tamén como gaiteiro solista (3r premio).

Concurso de música tradicional de Luou organizado pola asociación cultural Amamda en Teo. Participación en 2016 co cuarteto Bran Cuartet (3r premio).

Memorial a Gabino García en Manzaneda celebrado durante o Certame Celtibérico de bandas de gaitas. Participación en 2014 (1r premio), 2015 (2º premio), 2021 (1r premio) e 2022 (1r premio).

Colaboradores

Obradoiro de Gaitas Seivane

Con vocación universal e de futuro, o Obradoiro de Gaitas Seivane é a primeira empresa galega na construción, comercialización e exportación de gaitas.

Escola BellónMaceiras

Daniel Bellón e Diego Maceiras deciden abrir esta escola de música coa finalidade de que tanto nenos coma adultos aprendan a tocar o instrumento que desexen pero tendo como principal obxectivo o amor pola música.